Cargando resultados...
As imaxes da árbitra Paula Lema que avergonzan o baloncesto español
A coruñesa foi insultada de xeito moi grave no partido Bembibre-Xirona da Liga Feminina
G24.gal
02/11/2023 13:40
Suceden en Bembibre, O Bierzo, nun partido de baloncesto feminino entre o equipo local e o Xirona. A colexiada coruñesa Paula Lema recibe insultos por parte do individuo que está detrás dunha canastra. Ese afeccionado chamoulle "puta" en reiteradas ocasións e díxolle: "Vai limpar". O equipo local, o Bembibre, condenou os actos. O "seareiro", por chamalo dalgún xeito, non volverá entrar na pista.