Contido con Xeográficas .
Ourense
31/05/2022 10:28
Conducía bébedo e non tiña carné
O xuíz deixouno en liberdade
A A-76, sen orzamento e sen obras empezadas
30/05/2022 14:54
A A-76 entre Valdeorras e Ourense está bloqueada, non hai obras en ningún dos seus treitos
E na A-54 entre Lugo e Santiago faltan 28 quilómetros e as últimas previsión apuntan que non rematarán as obras ata o 2024
Arden os tellados de dúas casas en Barbadás
30/05/2022 13:29
O lume comezou nunha casa da Cal que está en reformas e espallouse a outra lindeira deshabitada
A orixe do lume, segundo emerxencias Barbadás, está nos rescaldos dunha cheminea
O segredo da lonxevidade está na comarca ourensá de Terra de Celanova
29/05/2022 20:13
A provincia de Ourense é xunto coa de Zamora unha das zonas máis avellentadas e tamén máis despoboadas de Europa e xa conta con 238 persoas con 100 ou máis anos
A comarca ourensá de Terra de Celanova xa superou en lonxevidade a illa xaponesa de Okinawa
Xornada treboenta no interior de Galicia cun milleiro de raios e asolagamentos
29/05/2022 15:19
Houbo treboadas que causaron inundacións importantes en rúas e locais comerciais de Monforte
A sarabia e os lóstregos apareceron no sur de Lugo, en Ourense e no interior de Pontevedra
Médicos instan a Administración a facer un cambio de modelo na atención primaria
29/05/2022 14:24
Piden levar a cabo unha reestruturación do sistema de atención aos pacientes
Ante a falta de persoal médico, recomendan facer máis atractiva retributivamente e curricularmente a atención primaria
Ourense abafa a 38 graos nunha xornada de verán para rematar o mes de maio
28/05/2022 20:58
A temperatura máxima de Galicia rexistrábase ás cinco da tarde na cidade de Ourense: 37,9 graos
O aviso amarelo na conca do Miño deixou 37 graos en Leiro, 36,5 na Arnoia e 36 en Castrelo de Miño
Agárdase que as máximas baixen un chisco este domingo e que poida haber treboadas
Varios concellos ourensáns sofren restricións pola seca
27/05/2022 21:48
É unha medida usual, pero que non se adoita tomar no mes de maio
O xulgado de Ourense anula unha modificación de crédito aprobada polo Concello
27/05/2022 17:41
Foron 62 millóns de euros destinados a desenvolver diversas obras e investimentos na cidade
Detido un home de 80 anos no Carballiño por cravarlle un punzón nun brazo a un veciño
27/05/2022 13:49
A agresión aconteceu en Mesego, supostamente tras unha discusión por un aparcadoiro
A vítima foi trasladada ao hospital de Ourense en ambulancia e recupérase das feridas
As dúas familias xa tiveran outras leas con anterioridade
A seca preocupa o sector agrogandeiro da Limia
26/05/2022 15:42
A Xunta anuncia avances no Plan de mellora do regadío coa construción de 42 pozos
Preocupación entre os produtores de pataca da Limia pola escaseza de choiva
26/05/2022 13:11
Dende xaneiro deste ano, na principal comarca produtora de pataca de Galicia choveu un 70 % menos
De seguires sen chover, perderán a metade da colleita auguran os agricultores
A provincia de Ourense é a zona de maior incidencia da leishmaniose en España
24/05/2022 21:22
Os opositores de máis de 50 anos son o dobre que antes da pandemia
24/05/2022 14:37
A maioría conta con cargas familiares e busca estabilidade laboral
A escaseza de auga obriga a cortar a traída nunha aldea de Vilar de Barrio
24/05/2022 14:13
Os mananciais que abastecen a Padreda e as fontes secaron xa en maio
Dende principios de ano ata hoxe, na Limia caeu un cuarto de auga do normal
Atopan o corpo sen vida do pescador desaparecido en Cortegada
23/05/2022 20:08
As forzas de seguridade investigan as circunstancias da súa morte
Considérase a posibilidade de que caese ao río de xeito accidental
Condenas a 20 e 21 anos de cadea para os acusados de asasinar un interno de Pereiro de Aguiar
23/05/2022 19:22
Ambos os acusados foron condenados por un delito de asasinato e outro de estafa
As empresas organizan cursos para paliar a escaseza de profesionais cualificados
23/05/2022 14:52
Unha vintena de alumnos participan nos cursos de soldadura e fontanería do polígono de San Cibrao das Viñas
Teñen unha porcentaxe de ocupación que supera o 90 por cento
Un xabaril, de marcha nocturna polo mesmo centro de Ourense
23/05/2022 14:09
Pululou polo parque de San Lázaro e pola rúa do Paseo
Varias patrullas da policía nacional e local intentaron capturar ao porco bravo
Finalmente escorrentáronno para os arrabaldes da cidade
Ourense acolle a maior exposición dedicada nunca en España aos Beatles
21/05/2022 15:30
Son 300 pezas persoais ou da marca Beatles de tres coleccións privadas galegas
Está aberta no centro cultural Marcos Valcárcel ata o 12 de xuño
A comarca ourensá de Monterrei será o prototipo da Xunta para loitar contra o despoboamento no rura
20/05/2022 14:40
Medio Rural solicitará fondos europeos para poñer a producir 4.000 hectáreas
O conselleiro reuniuse con representantes de cámaras municipais portuguesas para sumalos ao proxecto
Chega o día do regreso do COB Ourense á Leb Ouro
20/05/2022 14:15
O COB Ourense parte como favorito cunha renda de oito puntos a favor
Rescates con drons: o futuro das accións de emerxencias xa é unha realidade
20/05/2022 13:59
O encoro de Castrelo de Miño acolleu un simulacro no que aparellos non tripulados sacaron da auga un home que afogaba
Cadaleitos con motivos xacobeos ou un Tesla fúnebre, novidades en Funergal
19/05/2022 14:39
Expourense recibe os profesionais do sector funerario no que traballan en España máis de 12.000 persoas e que factura 1.700 millóns de euros ao ano
O 15 % das empresas funerarias españolas están en Galicia, a maioría na provincia de Ourense
Declaran culpables os acusados de matar un excompañeiro de prisión
19/05/2022 14:23
Os acusados coñeceran a vítima durante a súa estancia na prisión do Pereiro de Aguiar
Segundo a Fiscalía, matárono para quedar coa herdanza da nai
Un sorteo especial do Euromillóns deixa no Pereiro de Aguiar un millón de euros
19/05/2022 13:51
O boleto foi vendido nunha gasolineira do polígono empresarial deste concello ourensán
Teñen de clientes moitos traballadores do polígono, pero tamén veciños do municipio e xente de paso
O PSdeG acusa o PPdeG e a Rueda de manter a Jácome "faga o que faga"
18/05/2022 16:05
Os socialistas convocaran os populares a unha reunión para buscarlle unha saída á situación en Ourense, pero os representantes do PPdeG non acudiron
Volve a calor abafante a Ourense coa chegada de aire africano cara ao sábado
18/05/2022 14:41
AEMET prevé ata 38 graos o próximo sábado por unha masa de aire cálido africano
Só o terzo norte de Galicia queda fóra da influencia anticiclónica
Caos no espectáculo da Panorama nas festas do barrio ourensán do Couto
18/05/2022 14:15
Máis de 10.000 persoas ateigaron a rúa Dalí para asistir ao concerto
Moitos asistentes din que se viviron situacións de risco
Dende o Concello de Ourense din que, malia que se superaron todas as previsións, había un ampla despregadura de seguridade e que en ningún momento houbo perigo
A Real Academia Galega homenaxea en Valdeorras a Florencio Delgado Gurriarán
17/05/2022 18:39
A sesión plenaria extraordinaria do Día das Letras Galegas celebrouse en Córgomo, a parroquia natal de Gurriarán
A Academia destaca a calidade da súa obra e o seu compromiso social, cultural e político desde o exilio
Rueda defende a cordialidade lingüística na homenaxe a Florencio Delgado
17/05/2022 14:48
A lingua debe ser un “espazo vivo, de encontro, entre todos os galegos", defendeu o presidente da Xunta
Rueda salientou a contribución de Florencio Delgado para que o galego "poida medirse en pé de igualdade con outras linguas do mundo"
Vilanova dos Infantes celebra a romaría Raigame
17/05/2022 14:39
Preto dun cento de artesáns danse cita no burgo medieval
Fai vinte anos da primeira edición
As Letras Galegas homenaxean en Córgomo a Florencio Delgado Gurriarán
16/05/2022 22:00
A paisaxe, a natureza de Valdeorras, foi a grande inspiradora do poeta
No exliio, en México, cohesionou os proxectos dos galeguistas en revistas como Vieiros ou Saudad
Orgullo en Córgomo nas horas previas á homenaxe do seu poeta
16/05/2022 21:05
Florencio Delgado Gurriarán exiliouse a México na Guerra Civil, pero sempre tivo presente a súa aldea natal
Permanece hospitalizado o policía local de Ourense queimado por unha bengala
16/05/2022 14:08
Foi no transcurso dunha celebración improvisada na rúa tras o ascenso de categoría da U. D. Ourense
A treboada deixa danos nunha vivenda de Ourense de máis de 50.000 euros
16/05/2022 10:40
O propietario denuncia o mal estado da rúa e dos sumidoiros, que non absorben a auga
A riada estragou mobles, electrodomésticos e unha adega con viños de colección
15/05/2022 21:50
A terapia en espazos libres e como a natureza axuda a mellorar o benestar físico e mental é eixe condutor das propostas paisaxísticas desde ano
A décimo segunda edición estará aberta ao público ata o vindeiro 30 de outubro
Unhas 40.000 persoas visitan cada ano este espazo de encontro para os amantes da natureza, o paisaxismo e o deseño
Ferido un policía cunha bengala na celebración do ascenso da U. D. Ourense
15/05/2022 21:20
O axente sufriu queimaduras de terceiro grao
Polo momento hai un detido en relación co caso
Os visitantes gozan do enoturismo nas xornadas de portas abertas da Ruta do Viño do Ribeiro
15/05/2022 15:27
Unha experiencia única para coñecer a historia, o patrimonio e a tradición vitivinícola da denominación de orixe do Ribeiro, a máis antiga de Galicia
O viñobús traslada os turistas desde todas as cidades galegas ata as adegas da comarca onde poden catar os viños brancos e tintos, e tamén os primeiros vermús do Ribeiro
Un dos obxectivos da D. O. é consolidar a comarca como un destino enoturístico de calidade e desestacionalizado
Baloncesto: Playoff Ascenso Leb Prata: C. Ourense B.-B. Navarra
15/05/2022 11:07