Publicador de contidos
Publicador de contidos

Novas


Seis atletas representarán a Galicia nos xogos olímpicos

03/07/2024 21:51

Ana Peleteiro, Adrián Ben, Belén Toimil, Tariku Novales, Ester Navarrete e Antía Chamosa entraron na lista definitiva de convocados

Categorías:  Deportes
Etiquetas:  ATLETISMO

Cea acolle esta fin de semana a festa de exaltación do seu pan

03/07/2024 21:35

A de Cea foi a primeira indicación xeográfica protexida de pan creada en Europa. O ano pasado venderon máis de 750.000 pezas do seu pan


Imaxe de arquivo do 23 de outubro de 1981 da presentación á prensa do Guernica tras o seu regreso a España (EFE/Manuel P. Barriopedro)

Falece Roland Dumas, o home que trouxo o Guernica a España

03/07/2024 21:30

"Grazas ao seu esforzo podemos contar cunha icona da pintura como o Guernica", sinalou o director do Museo Reina Sofía Manuel Segade

Foi ministro durante a negociación e implementación do Tratado de Maastricht, que deu nacemento á actual Unión Europea


Centos de persoas acudiron á vixilia que lembrou a Samuel no lugar enque o mataron

Tres anos do asasinato de Samuel Luíz na Coruña, co xuízo previsto para outubro

03/07/2024 21:15

A asociación LGTBI+ALAS convocou unha vixilia no lugar en que o mataron

O xuízo comezará o 16 de outubro


Cada vez son máis os establecementos que venden a baixo prezo a comida sobrante antes de tirala

03/07/2024 21:04

Adoitan facer paquetes sorpresa que venden a través dunha aplicación do móbil

Froiterías, peixerías, supermercados, pero sobre todo cafeterías e restaurantes, son usuarios destas aplicacións


Un grupo de veciños recolle sinaturas para evitar a derruba da cheminea das Pontes

03/07/2024 21:03

En 2022 a Xunta iniciou un procedemento para declarala Ben de Interese Cultural, un proceso que actualmente non conta cos apoios necesarios


O director francés Benoît Jacquot (EFE/EPA/Pihlipp Guelland)

O cineasta Benoît Jacquot, imputado por violación de dúas actrices, unha delas menor

03/07/2024 20:44

Foi imputado este mércores por catro cargos relacionados coas violacións das actrices Julia Roy e Isild Le Besco, esta última cando era menor de idade.

As investigacións comezaron a partir das denuncias lanzadas pola actriz Judith Godrèche


Bocarte descargado en Celeiro

Descargan ata 80 toneladas diarias de bocarte en Celeiro

03/07/2024 20:20

Ata 27 barcos utilizaron o porto lugués na última semana

O prezo do peixe está entre 0,90 e 3,30 euros

Etiquetas:  PESCA   PORTO


Un helicóptero rescata un peregrino que lesionou un nocello nun carreiro na Guarda

03/07/2024 19:50

O home quedou ferido nunha zona rochosa preto do miradoiro de Punta Bazar, na Guarda


O Celta comeza a pretempada con moito traballo por facer

03/07/2024 19:45

O club vigués, pese as saídas dos últimos días, conta aínda con máis de 30 xogadores

Categorías:  Deportes   Celta
Etiquetas:  CELTA

Falece un home esmagado por unha vigueta en Ribadumia

03/07/2024 19:04

O falecido estaba sulfatando unha parra de viña cando chocou cun poste e a vigueta que se apoiaba nel caeulle enriba


Sumar absterase este xoves na votación sobre a reforma do poder xudicial

03/07/2024 18:54

Yolanda Díaz desmárcase da proposición de lei que pactaron PP e PSOE


Morre un motorista de 40 anos en Carballo ao impactar contra un camión

03/07/2024 18:36

O sinistro produciuse ás 15:30 horas no quilómetro número 27 da estrada AC-552 ao seu paso pola parroquia de Bértoa


O Rácing de Ferrol acelera no mercado, Chiki e Álvaro Sanz chegan a Ferrol

03/07/2024 18:10

O dianteiro quedaba libre tras xogar a última tempada en segunda co Alcorcón

O centrocampista canteirán do Barcelona chega tras unha boa tempada no Mirandés

Categorías:  Deportes   Rácing
Etiquetas:  RACING DE FERROL

Biden recoñece que quizais non poida salvar a súa candidatura, publican medios norteamericanos

03/07/2024 17:31

A Casa Branca desmente a información

O presidente recoñeceu onte que "case queda durmido" no debate contra Trump

Trump arremete contra un titubeante Biden no seu primeiro cara a cara

Categorías:  Mundo   Política
Etiquetas:  OS EUA

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, nunha conferencia de prensa (EFE/Brais Lorenzo)

Rota a negociación para unha moción de censura en Ourense

03/07/2024 17:21

O PP anuncia que non participará máis do que ve "un circo"

Os populares evitan desvelar que votará o venres sobre as luces de Nadal, mentres o PSOE sospeita dun "pacto oculto" con Jácome


Teresa Abelleira estará nos Xogos Olímpicos de París

03/07/2024 17:13

A pontevedresa está entre as 18 seleccionadas para a cita coa historia en París

Categorías:  Deportes   Fútbol

Condenan a cinco anos de cárcere un home que abusou dunha menor, filla dunha amiga

03/07/2024 16:49

Os maxistrados deron credibilidade á declaración "rotunda e perseverante" da vítima, pero absolveron o acusado doutros abusos



Elena Pérez e María Figueroa, quinta e sexta fichaxe de As Celtas

03/07/2024 16:23

Nadas no 2002 -María- e no 2003 -Elena- achegarán xuventude e ganas ao novo proxecto

Categorías:  Fútbol   Celta
Etiquetas:  AS CELTAS

Xuízo a unha persoa acusada de enaltecemento e autoadoutrinamiento terrorista (EFE/Juan Carlos Hidalgo)

Oito detidos por intercambiar propaganda xihadista con incitación a cometer atentados

03/07/2024 16:23

Os axentes tratan de dilucidar cal é o seu nivel concreto de implicación na rede de intercambio de material xihadista

Etiquetas:  TERRORISMO

O Roncudo volve estar aberto para a Festa do Percebe

03/07/2024 15:33

A Festa do Percebe terá lugar este sábado

Tras ela, O Roncudo permanecerá pechado ata Nadal


Abre o prazo para descargar o Bono Turismo da Xunta

03/07/2024 15:21

Poderá usarse desde o 10 de setembro ata o 25 de decembro de 2024, ambos os días incluídos

Hai máis de 180 establecementos adheridos, e os interesados teñen de prazo para sumarse ata o 2 de decembro


Sae de prisión o exconselleiro Francisco Vallejo ao anular o Constitucional a súa condena polos ERE

03/07/2024 15:16

Tan só quedan pendentes de resolver outros cinco recursos, entre eles os dos expresidentes andaluces Manuel Chaves e José Antonio Griñán


Moncho López quere levar o COB de volta á elite

03/07/2024 15:15

O adestrador naronés asina por dúas tempadas co club ourensán

Volve adestrar en España despois de 16 anos


"Galegos sen fronteiras", de 20 países, fan en Mazarelos o curso de lingua e cultura da RAG

03/07/2024 15:11

A vella Facultade de Filosofía e letras acolle desde hoxe os 50 alumnos do curso de lingua e cultura galegas, que xa vai pola edición número 34


O plan de sostibilidade para reactivar o sector marisqueiro galego contará con 123 millóns de euros

03/07/2024 15:03

A Xunta cifra nun 57 % a caída da facturación pola mortaldade nos bancos marisqueiros o outono pasado

O plan, que bota xa a andar, vaise desenvolver ata 2025


Catro estranxeiros cóntannos por que elixiron Galicia para vivir

03/07/2024 14:59

Para o 2039, 1 de cada 5 galegos será nado no estranxeiro

Categorías:  Galicia   Sociedade   Vida
Etiquetas:  INMIGRACIÓN

Pedro Sánchez, na presentación da Fundación Avanza

Pedro Sánchez lanza Avanza, o laboratorio de ideas do PSOE, para combater a ultradereita

03/07/2024 14:50

Sánchez: "A mellor maneira de combater o escurantismo da onda reaccionaria é desde o Goberno" 

Categorías:  España   Política
Etiquetas:  PEDRO SÁNCHEZ   PSOE

O incendio nunha vivenda abandonada alarma os veciños de Beiramar, en Vigo

03/07/2024 14:48

Trátase do segundo lume nunha casa ocupada en menos de 24 horas

Os veciños alertaron os bombeiros despois ver o intenso fume que saía da vivenda 


Catro de cada dez empresas galegas contratará persoal nos próximos meses

03/07/2024 14:35

O 81 % dos negocios din que teñen problemas para cubrir vacantes


A inmigración centra o debate do Partido Popular Europeo en Cascais

Feijóo pide axuda a Europa para controlar a migración irregular

03/07/2024 14:33

O líder do PP di que a situación das Canarias é "límite"

Feijóo acusa o Goberno de "chegar tarde" a este debate


Unha escavación revela un dos neveiros máis grandes de Galicia en Xunqueira de Espadanedo

03/07/2024 14:28

Xa se sabía del, pero non das súas dimensións, con nove metros de diámetro

Os neveiros foron moi populares séculos atrás, para conservar o xeo das nevaradas


Isabel Rodríguez, ministra de Vivenda (EFE/Daniel González)

Vivenda anuncia cambios urxentes para limitar os alugueiros por temporada e turísticos

03/07/2024 14:20

Os contratos deberán rexistrarse nunha plataforma en que se xustifique a necesidade dese alugueiro temporal

A ministra Isabel Rodríguez di que tamén se reformará a lei pola que as comunidades de veciños poderán limitar a presenza de vivendas turísticas nos seus bloques de edificios


O BNG pide a creación dun pacto galego pola auga

03/07/2024 14:18

A formación nacionalista reclama a xestión galega dos ríos e aposta por unha xestión máis eficiente da auga

Categorías:  Galicia   Política
Etiquetas:  ANA PONTÓN   BNG

As bebidas vexetais están de moda

Os perigos de substituír o leite por bebidas vexetais: pode provocar deficiencia de iodo e arritmias cardíacas

03/07/2024 14:18

O leite é unha gran fonte de iodo

Substituílo por outras alternativas vexetais pode supoñer problemas de saúde importantes
 

Categorías:  España   Sociedade   Saúde
Etiquetas:  LEITE   ENFERMIDADES

O PP vai reclamar no Senado o arranxo integral da N-634

03/07/2024 14:15

A estrada rexistra moito tráfico e é clave entre os concellos da Mariña

É o treito alternativo cando se corta a A-8 por mor da néboa


O acusado de asasinar a súa veciña en Tirán: "Son vítima dunha cacería humana"

03/07/2024 14:12

Di que o viu o cadáver da veciña desde a fiestra e non avisou a policía porque estaba nervioso

A Fiscalía mantén a petición de 25 anos de cadea e a defensa volveu solicitar a libre absolución

Publicidade
Publicidade