Novas
Contido coa etiqueta .
Francisco Franco

A Audiencia da Coruña impide retirar aos Franco de Meirás a maioría dos bens que pretendían
20/01/2023 15:38
Só poderán quitar cinco do interior, como xa lles permitiu un xulgado, e ningún do exterior

Baixo custodia do Estado ata que remate o xuízo os bens de Meirás que reclama a familia de Franco
02/12/2022 11:38
O xulgado 70 de Madrid estima as medidas cautelares do Estado e decreta que "os bens queden en depósito" no interior do pazo de Meirás
Baixo a custodia do Estado quedan en total 564 bens ata que remate o xuízo

Marcha cívica na Coruña para esixir a devolución da Casa Cornide
05/11/2022 14:35
A plataforma Comisión Aberta en Defensa do Común pídelle á Xunta que declare o inmoble ben de interese cultural

A Xunta concorda que a xudicial é a única vía para obter os bens de Meirás
22/09/2022 10:58
O conselleiro de Cultura celebra que o Goberno atendera unha das súas peticións tras o recurso presentado pola Avogacía do Estado para reclamar outros 564 bens

O Estado reclama a propiedade de 564 bens do pazo de Meirás
21/09/2022 18:08
Non foran expresamente incluídos na demanda previa pola negativa dos Franco para acceder ao inmoble

Pontón asegura que o BNG é a obra coa que soñou Alexandre Bóveda
17/08/2022 16:09
O lugar da Caeira, no que foi fusilado o líder galeguista no ano 1936, acolleu un ano máis os actos centrais do Día da Galiza Mártir

O Xulgado impide a retirada de Meirás dos bens disputados polos Franco
15/07/2022 12:30
O xuíz explica no auto que todos os exteriores e a maioría dos interiores teñen a natureza de bens inmobles polo seu destino, pois foron colocados alí “cunha vontade de permanencia”
O titular do xulgado si permite que a familia do ditador poida levar as alfombras do corredor

A Xunta pide aumentar a declaración BIC de 50 bens máis do Pazo de Meirás
02/07/2022 19:33
Considera que son elementos relacionados con Emilia Pardo Bazán e co papel do Pazo como casa da Xefatura do Estado

A familia Franco renuncia a cinco dos bens que reclamaba no pazo de Meirás
30/06/2022 10:57
O Xulgado de Primeira Instancia número un da Coruña acolle a vista polo incidente de execución de sentenza da propiedade do pazo de Meirás