Uns deshumidificadores, detrás de dous incendios en Santiago

Non é nada habitual que suceda algo así, pero hai que lembrar atender a uns coidados básicos do aparello 

G24.gal 04/12/2023 20:13 Última actualización 04/12/2023 20:34

Os bombeiros de Santiago tiveron que atender na noite do domingo ao luns dúas alertas por incendio, unha nunha vivenda e outra nun popular local da zona vella. A combustión duns deshumidificadores podería ser a orixe destes lumes.

Era moi de madrugada e a Casa das Crechas estaba pechada cando comezou o incendio. Ao chegaren os bombeiros atoparon que o local estaba inundado de fume. O seu traballo centrouse na evacuación dese fume que se concentraba na planta baixa. Respecto á orixe do lume, polos datos que teñen cren que é probable que estivese nun deshumidifcador, pero haberá que agardar á investigación.

A outra alerta chegou dende unha vivenda do Castiñeiriño. Os bombeiros atopárona tamén inundada de fume. Neste caso, sinalan directamente como foco un deshumidificador que estaba comezando a arder. 

Non é nada habitual que pase algo así, pero resulta importante atender a un mantemento básico do aparello, como nos contan nunha tenda de electrodomésticos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade