Cargando resultados...
Triunfo do Ourense C. F. ante o Langreo para durmir líder (3-0)
Os galegos son líderes no seu grupo da 2ª RFEF, á espera do partido entre o Zamora e o Real Avilés
Dous goles no desconto da segunda metade sentenciaron o encontro
Catro vitorias nas últimas cinco xornadas asentan o equipo ourensán nos postos de ascenso
G24.gal
11/11/2023 18:11
O partido entre o Ourense e o Langreo remata con vitoria contundente por parte dos locais. Os ourensáns marcaron un gol preto do descaso e outros dous tantos no desconto da segunda metade, o último, un golazo anotado por Antonio Salinas.
Co triunfo son líderes do seu grupo á espera de que xogue mañá o Zamora, e suman cinco xornadas seguidas sen coñecer a derrota, con catro vitorias incluídas.