Rueda: "Sánchez renunciou á súa dignidade política" ao negociar a lei de amnistía

Vai haber privilexios "financeiros e legais" para unhas comunidades por encima doutras, afirmou o presidente da Xunta

Galicia, dixo, "vai tentar combater con todos os medios ao seu alcance" esta situación

G24.gal 02/11/2023 17:07

O presidente da Xunta acusou o presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, de renunciar á súa "dignidade política" por negociar unha lei de amnistía cos independentistas cataláns. 

Na súa comparecencia tras o Consello de la Xunta, Rueda criticou que o acordo para a investidura de Sánchez vai por esta vía. "Vai haber privilexios financeiros e legais" para unhas comunidades por encima doutras, algo que Galicia, dixo, "vai tentar combater con todos os medios ao seu alcance".

O presidente da Xunta deu por feito que no acordo para a investidura haberá aspectos económicos que prexudiquen a Galicia: "Oxalá non exista ningún acordo económico que nos sitúe en condicións de desigualdade", pero "temo que non vai ser así", asegurou. 

A primeira consecuencia da amnistía será que "a actuación dos xuíces non vai valer absolutamente nada", nin tampouco a súa defensa do Estado de dereito, segundo Alfonso Rueda, porque "importa máis a supervivencia dun só político que o que dixesen as leis", advertiu.

Ao xuízo de Rueda, as "críticas furibundas" aos que están en desacordo coa amnistía só demostran que os partidos negociadores "son conscientes do impacto e da opinión contraria que ten moitísima xente en España e en Galicia". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade