Rueda: "Imos defender a dignidade de Galicia con civismo e firmeza"

Alfonso Rueda volveu reivindicar Galicia como unha "illa de estabilidade" no escenario político actual

G24.gal 17/11/2023 13:24

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, di que Galicia defenderá con "civismo e firmeza" a igualdade dos cidadáns e o equilibrio territorial. Nun almorzo informativo organizado por Nueva Economía Fórum en Madrid, no que estivo acompañado por Alberto Núñez Feijóo e Mariano Rajoy, Alfonso Rueda volveu pedirlle a Pedro Sánchez que detalle os acordos de investidura nunha conferencia de presidentes.

O xefe do Goberno galego explicou que Sánchez está obligado a  convocar unha reunión de presidentes autonómicos se o piden os do PP. Pasada a investidura, defende, non é momento de "resignarse", e avanza que Galicia vai usar a súa "mochila de autoridade moral" para defender a igualdade entre españois.

Para o presidente da Xunta os acordos de investidura plasman desigualdes no eido economómico, pola condonación de débeda a Cataluña, en infraestruturas e no xurídico, polo recurso á lei do litoral. "Non me valen premios de consolación para Galicia que nin pedimos nin se falaron. As únicas liñas vermellas que ten o presidente do Goberno son as que lle marquen as maiorías que vai necesitar en cada momento", dixo.

Alfonso Rueda volveu reivindicar Galicia como unha "illa de estabilidade" no escenario político actual e dixo que non é fundamental que as eleccións galegas coincidan coas vascas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar