Rafa Benítez: "Contra vento e marea imos seguir pelexando"

O técnico madrileño ten varios xogadores entre algodóns e non quixo falar dos árbitros

G24.gal 09/11/2023 11:45 Última actualización 09/11/2023 11:56

Rafa Benítez, adestrador do Celta, eludiu falar máis sobre as arbitraxes que sufriu o seu equipo nas últimas xornadas na véspera de visitar ao Athletic Club en San Mamés, pero afirmou que "contra vento e marea" van "seguir pelexando".

“Cando me movo pola cidade e atopo os afeccionados incídenme nese tipo de cousas. Nós xa sabemos o que ocorreu ata este momento. Contra vento e marea imos seguir pelexando porque o equipo está con ganas de volver gañar”, comentou.

Na súa comparecencia, o técnico madrileño tamén defendeu a postura dos dirixentes do club de non presentar unha nova protesta ante o Comité Técnico de Árbitros (CTA).

“Temos que remar todos xuntos, temos que ter unha idea clara, unha idea común. Como club xa sabemos que o máis importante é que no campo fagamos as cousas o mellor posible para ser competitivos e gañar”, reiterou.

Sobre o partido #ante o Athletic, Benítez desvelou que o dianteiro Tasos Douvikas é dúbida por uns “problemas estomacais” que lle impediron adestrar co grupo e confirmou que o lateral Kevin Vázquez e o centrocampista Luca da Torre seguen “entre algodóns”.

“Este equipo non é dubidoso en canto a traballo, esforzo e intensidade. Somos un equipo que nos caracterizamos por iso, pola orde e por crear ocasións. Pero fáltannos outras cousas. Perdemos algúns partidos por erros individuais que estamos a corrixir”, analizou.

Tamén falou da falta de gol de Aspas e do resto de dianteiros

"Ver finalizar a Iago é un espectáculo. Non está a meter gol. O día que o meta, estará feliz e meterá máis seguro".

"Con Williot, con Tasos, con Larsen, traballamos cousas específicas".

Pulido Santana será o árbitro en San Mamés.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade