Os dous migrantes falecidos este sábado nas Canarias reciben sepultura en El Hierro

Este luns serán enterrados no municipio de El Pinar outros dous migrantes que morreron nunha das embarcacións rescatadas

G24.gal 05/11/2023 19:57 Última actualización 05/11/2023 20:50

Durante esta fin de semana continuaron chegando centos de migrantes ás Canarias. Salvamento Marítimo avistaba varias embarcacións e trasladaba a maioría das persoas que viaxaban nelas á illa de El Hierro.

Os restos mortais de dous migrantes falecidos este sábado no hospital da illa foron soterrados este domingo no cemiterio municipal de Valverde, ante a presenza dalgunhas autoridades insulares, membros dos equipos de emerxencia, persoal de varias ONG e algúns cidadáns anónimos.

Este luns serán enterrados no municipio de El Pinar outros dous migrantes que foron atopados mortos nunha das embarcacións rescatadas tamén esta fin de semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar