O Racing encara "con optimismo" a proba contra o Leganés

Cubero: "Vexo unha solidez e un compañeirismo que dá resultados, isto non é casualidade"

G24.gal 22/11/2023 20:16

O Racing ten o domingo unha proba ante o líder da categoría, o Leganés. Os de Cristóbal visitan o conxunto que dirixe o exadestrador deportivista Borja Jiménez.

Será un duelo entre dous equipos en forma. O Leganés gañou cinco partidos nas ultimas seis xornadas e o Racing non perde desde o 16 de outubro, cando caeu no Ciutat de Valencia. No Racing hai plena confianza no traballo que están facendo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos