O Ensino imponse no primeiro derbi da temporada (71-76)

As lucenses acadan a vitoria nun igualado partido

Olaeta e Imane Tate foron as máis destacadas

G24.gal 25/11/2023 21:55 Última actualización 25/11/2023 22:09

O Ensino levou o primeiro derbi da temporada, un partido de rivalidade entre dous equipos que dominan a parcela defensiva. Tanto as xogadoras lucenses como as viguesas anotaron sen descanso desde máis aló da liña de tres puntos. 

Anne Senosiain e a galega Esther Castedo comezaron marcando territorio na primeira metade. Con todo, as xogadoras decisivas no Ensino foron Olaeta e Imani Tate, que malia ter tres faltas desde moi cedo xestionou con eficacia o seu xogo ofensivo. Cando Robin Benton entrou en ebulición, o equipo de Cristina Cantero recuperou a confianza e mesmo desapareceu a renda de dez puntos que manexaban as de Antonio Pernas

Ata que o encontro xa non admitía máis alternativas, máis remontas e o pulso comezaba a ser chave. Foi entón cando o Ensino acadou a vitoria a domicilio por 71 a 76, fronte a un Celta que queda penúltimo na táboa. Pola contra, as lucenses durmirán no décimo posto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar