O Deportivo recupera sensacións ante a S. D. Logroñés (2-0)

Os de Idiakez conseguen a segunda vitoria como local esta tempada

Lucas Pérez participou nos dous goles 

G24.gal 11/11/2023 20:01 Última actualización 11/11/2023 22:10

O Deportivo venceu por 2 a 0 a S. D. Logroñés, na que foi a segunda vitoria na casa esta tempada, e que lle serve para recuperar sensacións tras a derrota en Irún.

O conxunto coruñés encarrilou o partido ao pouco de comezar a primeira metade, cando Pablo Martínez recolleu o rexeite dun gran lanzamento de falta de Lucas que se estreou contra a madeira. No segundo acto os visitantes buscaron o empate e gozaron dun par de ocasións, aínda que o Deportivo foi superior e Davo liquidou o partido a pase de Lucas. 

Con este resultado, os herculinos atópanse décimos e a tres puntos do play off de ascenso, á espera de que remate a xornada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar