O Porriño recibe o grupo de 40 inmigrantes que ía a Sobrado dos Monxes

O delegado do Goberno confirma que chegarán a Sanxenxo entre 60 e 70 inmigrantes

A Xunta reprocha a xestión do Goberno: "As cousas non se fan así"

G24.gal 31/10/2023 12:52 Última actualización 31/10/2023 20:23

O último grupo de inmigrantes que chegou a Galicia xa está instalado no Porriño. Son corenta persoas que nun principio tiñan como destino o concello de Sobrado dos Monxes. Os inmigrantes alóxanse nun albergue privado da localidade. O alcalde di que non recibiu comunicación sobre o traslado. 

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, confirmou a chegada ao Porriño, ao tempo que criticou que a Xunta e "algúns alcaldes" non amosen "ningunha solidariedade" nas últimas semanas. .

En declaracións aos medios este martes, Blanco asegurou que finalmente chegarán a Sanxenxo entre 60 e 70 inmigrantes, dos 350 que estaba previsto recolocar na localidade pontevedresa entre o 1 e o 8 de novembro.

Así mesmo, tamén afirmou que xa lle comunicou ao alcalde de Sobrado dos Monxes que o seu municipio non recibirá migrantes e defendeu que estes traslados desde Canarias son "legais e ordenados" para atender "a demanda do Goberno canario".

"Debido a este tipo de ruídos, por parte da Xunta, así como dalgúns alcaldes, houbo que facer este tipo de cambios. Non é de recibo que o PP neste sentido estea con pretexto ou escusa de que non hai información, que houbo clara e constante, e poña paus nas rodas para botar unha man para aliviar a presión que se estaba a producir en Canarias", remarcou o delegado do Goberno.

A Xunta censura a xestión do Goberno: "As cousas non se fan así"

A conselleira de Política Social, Fabiola García, reprochoulle ao Goberno central l falta de información sobre o cambio de destino das 40 persoas migrantes que, finalmente, en lugar quedar en Sobrado dos Monxes, quedan no Porriño. 

Di que a Xunta non tivo información “adicional” sobre o cambio de destino. Cualificouno como unha "falta de respecto institucional”, xa que, na súa opinión, “as cousas non se fan así”.

A conselleira insistiu en que Galicia é unha “comunidade solidaria e acolledora, como demostrou sempre e como fará tamén nesta ocasión".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos