O Arenteiro saca un empate tras repoñerse dun 2-0 en contra (2-2)

A Real Sociedad B tiña o encontro de cara ao descanso cun 2-0, pero o empuxe do Arenteiro conseguiu equilibrar o partido

O empate deixa os vascos na segunda posición da táboa e os galegos, catro puntos por riba do descenso

G24.gal 11/11/2023 21:41

O Arenteiro saca un punto de ouro na súa visita a San Sebastián. Os locais aproveitaron unha boa primeira parte para poñer unha marxe de dous goles ao descanso, pero os galegos repuxéronse e conseguiron equilibrar o partido na segunda metade.

Co empate a Real Sociedad B perde o liderado do grupo e queda na segunda posición, mentres que o equipo do Carballiño suma un punto máis para manterse fora da zona de descenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar