Milleiros de persoas apoian a Feijóo no seu acto contra a amnistía en Madrid

O líder do PP denuncia a "desvergoña e a amoralidade" do novo Executivo

Alberto Núñez Feijóo con outros cargos do PP este domingo. EFE/Fernando Alvarado
G24.gal 03/12/2023 12:32 Última actualización 03/12/2023 18:50

Milleiros de persoas responderon outra vez a unha convocatoria do Partido Popular, neste caso en contra da amnistía e para reivindicar a Constitución, que a semana vindeira cumpre 45 anos.

O escenario foi o templo de Debod, en Madrid, situado a escasos setecentos metros da sede socialista de Ferraz. O líder do PP pediu que cese o "despropósito" do Goberno de Sánchez de negociar cos independentistas de costas aos españois.

Acusouno de propiciar un "bochorno" por poñer un mediador entre España e os independentistas que é, dixo, "experto en guerrillas latinoamericanas". Insistiu en que non vai aceptar a "clandestinidade" coa que negocian en nome dos españois.

Alberto Núñez Feijóo dixo que os queren calados e submisos mentres actúan en nome de España e negocian cos independentistas, pero que seguirán saíndo á rúa as veces que faga falta. Asegurou que pretenden unha España dividida en dúas metades cun muro, pero que é de todos.

O líder do PP especificou literalmente que "non porán en cuestión a lexitimidade do Goberno", pero si a súa "desvergoña e amoralidade".

Participantes na concentración. EFE/Borja Sánchez-Trillo Participantes na concentración. EFE/Borja Sánchez-Trillo
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar