Kevin Vázquez: "Creo que imos saír, pero vai custar"

Mostra a súa seguridade en que reverterán a situación do Celta

G24.gal 16/11/2023 14:47 Última actualización 16/11/2023 15:01

O segundo capitán do Celta, Kevin Vázquez por sala de prensa logo da última sesión de adestramento da semana. Preguntado por como estaba o equipo logo da derrota de San Mamés, na que tres goles non lles deron para puntuar, comezou dicindo:

"Foron cinco goles, dous anulados. Vas pasando por etapas: a frustración de facer un bo partido onde cometemos erros e por iso non sumamos. Isto pode facernos máis fortes. Queda estar unidos"

 Mostra a súa seguridade en que reverterán a situación: 

"Estou convencido porque estou todos os días adestrando, vin as caras dos compañeiros e nesas situacións complicadas temos que facernos máis fortes. Temos o traballo, a calidade. Creo que imos saír, pero vai custar. É o que temos". 

Nese sentido reafirmouse ao ser preguntado polo posible regreso de Gabri Veiga, de quen tamén lembrou que o Celta é a súa casa.

"Todo o que veña será para sumar. Esta é a súa casa. Non podemos facer cábalas".

Kevin tamén comentou o novo papel de Marian Mouriño como presidenta do Celta:

"Está no día a día, viaxa con nós. Xa a coñeciamos por ser quen era. É moi próxima, como seu pai".

"É moi de valorar que sufra tamén os malos momentos, que se implique. Iso axuda e sempre suma".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade