Israel bombardea masivamente Gaza

Cortáronse os servizos de telefonía e Internet

A ONU denuncia que se están cometendo crimes de guerra en Gaza

G24.gal 27/10/2023 20:32 Última actualización 27/10/2023 21:36

Israel comeza a operación da estensión terrestre sobre a franxa Gaza con bombardeos masivos. Gaza quedou completamente ás escuras e cortáronse os servizos de telefonía e de Internet, co que está incomunicada co exterior.

Ademais, chegan informacións que falan de duros combates por terra na fronteira entre o exército israelí e Hamas. 

Nacións Unidas denuncia crimes de guerra

A ONU denunciou este venres crimes de guerra en Gaza, tanto por parte de Hamas coma por parte de Israel. Nacións Unidas advirte que moitos palestinos morrerán de fame por culpa do bloqueo israelí, que non permite que entre nin unha gota de combustible na Franxa.

Ata o extremo, di o representante da ONU en Gaza, que teñen que empezar a elixir se destinalo aos hospitias, ás panaderías ou ás plantas potabilizadoras de auga.

Advirten ademais do colapso sanitario total na Franxa. Este médico confirma que non hai medios nin espazo para atender máis feridos, e que moitos enfermos crónicos tiveron que deixar o seu tratamento.

Nacións Unidas eleva o ton e denuncia que a axuda humanitaria que está entrando non cobre nin unha mínima parte das necesidades que ten a poboación gazatí. Di literalmente que son migallas.

Así as cousas, milleiros de persoas volveron saír á rúa protestar contra Israel en todo o mundo árabe e musulmán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar