Con 12 anos, Iker Rodríguez acelera cara ao título de Moto 4

O porriñés está a un só punto do líder, a falta dunha proba

G24.gal 14/11/2023 13:09 Última actualización 14/11/2023 13:32

Ímoslles presentar a Iker Rodríguez. Un piloto porriñés de doce anos que esta fin de semana aspira a ser campion de España en Moto4. Montmeló acolle a última proba da temporadae Iker vai segundo, a un só punto do líder, o seu compañeiro Andres García. 

A primeira vez que este piloto da Louriña montou en moto tiña apenas 3 anos...

Con 9 proclamouse campión de España de Supermotard. E agora, aos 12 Iker pode protagonizar un fito histórico, ser o primeiro galego en gañar un título nacional de velocidade. Algo asombroso na súa primeira temporada en Moto 4, de 150 centímetros cúbicos, competindo contra rivais de máis idade.

Jaime Rodríguez, pai de Iker: "Cambia todo, o máis grande é pasar de karting a un circuíto grande. Non contabamos estar no primeiro ano pelexando polo título, está a un punto".

Iker Rodríguez, piloto de Moto4: "Vai custar porque é un circuíto novo, non o probei. O que quede diante por dous postos gañaría, se quedamos empatados gañaría eu polas miñas vitorias".

Tres vitorias leva Iker esta temporada malia non existir pista en Galicia onde poder alcanzar os 200 quilómetros por hora. A máis próxima é a de Estoril. Por iso o seu triunfo tería aínda máis mérito. 

Iker Rodríguez, piloto de Moto4: "Creo que ninguén o conseguiu no seu primeiro ano, en Galicia ninguén. É moi difícil porque non hai circuítos e custa adestrarse. Gústame ir rápido, pensando sempre en gañar".

Gañe ou non, o seu talento fixo que xa teña asegurado dar o salto á cilindrada superior, de dous e medio, para competir o ano que vén en pre moto 3

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar