Elena Rivo analiza con Antón Costas os retos do sector produtivo galego

O presidente do CES participa nun coloquio con líderes empresariais en Santiago

G24.gal 30/11/2023 15:02

O presidente do Consello Económico e Social de España participa en Santiago nun coloquio coa conselleira de Promoción do Emprego e con representantes do tecido produtivo galego. Elena Rivo destacou a importancia da colaboración público-privada para avanzar nas políticas económicas e sociais. 

"Estar con este auditorio do colectivo de empresarios porque necesitamos desa colaboración público privado para que as nosas políticas de emprego sexan efectivas. Sempre dicimos que a independencia económica é a mellor política social".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade