Colectivos veciñais critican a nova corta de árbores polas obras no centro de Lugo

Na rúa Montevideo cortáronse once ligustros, que serán substituídos por árbores do paraíso

O Concello defende que as árbores estaban enfermas

O Concello xustifica a corta de once árbores, asegurando que estaban enfermas
G24.gal 06/12/2023 13:49

No chan aínda se poden ver os restos dos once ligustros cortados na rúa Montevideo polas obras de peonalización do centro de Lugo. O Concello di que as árbores estaban enfermas, un argumento que non convence a moitos. 

Os colectivos veciñais cren que o Concello puido salvar polo menos algunhas, e din que estarán vixiantes para que non haxa actuacións semellantes en lugares como a praza de Santo Domingo. A medida conta tamén co rexeitamento de colectivos ecoloxistas.

Profesores e alumnos do instituto Xoán Montes, situado a carón, expresaron tamén nunha concentración o seu rexeitamento a unha medida moi cuestionada nunha rúa que, ademais, leva meses en obras.

No seu lugar vanse plantar árbores do paraíso, unha especie que, malia ser invasora, conta co aval dun informe técnico do Concello.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar