Cervi: "Hai que facer bo este punto en Balaídos"

O centrocampista arxentino atendeu a Radio Galega dende a zona mixta de Mestalla

G24.gal 25/11/2023 19:14 Última actualización 26/11/2023 14:03

Un punto e portería a cero. Son os aspectos positivos que trae o Celta da súa visita á capital levantina. A pesar de continuar na zona baixa da clasificación, o equipo olívico quere marcar neste empate un punto de inflexión. Así refería, cando menos, o centrocampista Franco Cervi, que volveu ter minutos trar regresar de lesión.

"Fixemos un gran traballo. Hai que facer valer este punto. Todo suma, traballamos moito na semana. Hai días para mellorar, e buscar a vitoria en Balaídos que a necesitamos moito. Eu estou preparado para cando me toque. Todos queremos sumar de tres, pero hai que facer valer o punto en casa, que é o que quere a xente".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos