Centos de cidadáns protestan contra o acordo dos socialistas ante a sede do PSOE

Os manifestantes amosáronse opostos ás medidas que inclúe o pacto con ERC 

Imaxes das protestas en Madrid ante a sede do PSOE (EFE/Rodrigo Jiménez) Imaxes das protestas en Madrid ante a sede do PSOE (EFE/Rodrigo Jiménez)
G24.gal 04/11/2023 21:58

Segundo datos da Delegación do Goberno, unhas 250 persoas concentráronse por segundo día consecutivo fronte á sede nacional do PSOE en Madrid para protestar polo acordo dos socialistas con ERC e a futura lei de amnistía para a investidura do candidato á Presidencia do Goberno Pedro Sánchez.

A concentración arrincou ás 19:00 horas, apoiada pola expresidenda da Comunidade de Madrid Esperanza Aguirre, que animou os presentes a cortaren o tránsito na rúa. Os manifestantes amosáronse opostos ao pacto dos socialistas con ERC. Entre outras medidas, están a lei de amnistía, favorable aos procesados do procés catalán, traspaso das competencias de Rodalíes ou condonación de ata 15.000 millóns de euros de débeda a Cataluña.

O venres tamén se convocou unha concentración que foi apoiada por organizacións contra o nacionalismo catalán e que reuniu un milleiro de persoas que portaban bandeiras de España entre berros como "Pedro Sánchez a prisión" ou "España é unha e non 51". A concentración rematou cun detido tras tentar saltar o cordón policial despregado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade