Catro detidos en Pontevedra nunha operación policial que desactivou un punto de venda de droga

Os arrestados distribuían haxix e marihuana 

As substancias estupefacientes vendíanse en locais da zona monumental 

Droga comisada en Pontevedra Droga comisada en Pontevedra
G24.gal 27/11/2023 16:36

A Policía Nacional e a Policía Local de Pontevedra desenvolveron conxuntamente esta operación, denominada Barro, que rematou con catro persoas detidas, que se dedicaban á venda e distribución de droga en establecementos de lecer, que rexentaba o xefe deste grupo criminal.  

As investigacións principiaron a finais de setembro, despois de que a Udyco da Policía Nacional recibise información sobre a localización de distintos puntos de venda polo miúdo en varios locais da zona vella de Pontevedra. O traballo policial determinou a identidade da persoa que sería a responsable do grupo criminal que estaba composto por outros tres individuos.

En relación cos puntos de venda, descubriuse que existía un domicilio no centro de Pontevedra e dous locais de lecer na zona monumental utilizados para diversificar tanto as vendas de substancias como os lugares de distribución.

Vinte paquetes de haxix 

Na operación comisáronse vinte paquetes de haxix cun peso aproximado de 100 gramos cada un, así como varias doses de marihuana e haxix, preparadas para a súa distribución polo miúdo, básculas de precisión e material para a preparación de diferentes doses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar