As Guerreiras, coa galega Alicia Fernández, queren manter vivo o soño olímpico

O Mundial comeza este mércores en Dinamarca, Noruega e Suecia

O obxectivo é lograr o billete para os torneos preolímpico

G24.gal 28/11/2023 15:55 Última actualización 28/11/2023 16:12

A selección española feminina de balonmán afrontará o Mundial que arrincará este mércores en Dinamarca, Noruega e Suecia co obxectivo de lograr o billete para os torneos preolímpicos, un reto que obrigará ás de Ambros Martín a ocupar unha das sete primeiras prazas.

É un desafío maiúsculo para as Guerreiras, que apenas dispuxeron dun puñado de partidos para asimilar os novos conceptos de xogo que quere implantar Ambros Martín, que se fixo cargo do equipo español o pasado mes de maio.

Esta circunstancia converte nunha auténtica incógnita o rendemento da selección española, que alternou momentos de brillantez con outros máis preocupantes no torneo de preparación disputado a pasada fin de semana en Santander. Entre as guerreiras continúa a galega Alicia Fernández.

O adestrador canario quere que a selección controle os partidos desde a defensa cun intenso traballo que "force" constantemente aos equipos rivais e que en ataque destaque polo seu "atrevemento" e a variedade do seu xogo ofensivo.

"A teoría, aínda que neste tipo de campionatos non sempre é certa, dinos que Kazaxistán é o rival menos complicado, aínda que tamén é a estrea, co que iso sempre supón, e logo chegaría Ucraína, un equipo con xogadoras importantes en ligas importantes", explicou Martín.

Aínda que a clave para acceder á segunda rolda, á que pasan os tres primeiros clasificados de cada grupo, con pleno de puntos, estará no encontro que España disputará o próximo 3 de decembro con Brasil.

Os cuartos de final do Mundial abren a porta aos torneos preolímpicos, o grande obxectivo dun conxunto español nun torneo no que só o campión asegurará o billete para os Xogos de París 2024.  

Calendario do equipo español:

29 nov. España-Kazaxistán (20:30) (Fredrikshavn/DEAN)

1 dec. España-Ucraína (20:30) (Fredrikshavn/DEAN)

3 dec. Brasil-España (18:00) (Fredrikshavn/DEAN)

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos