Alberto Varela seguirá á fronte da FEGAMP

O mércores 15 celébrase a asemblea en que volverá ser nomeado

O alcalde de Vilagarcía aspira a acabar cos "agravios" aos concellos

O PSdeG ratificou a Varela para continúar na entidade supramunicipal O PSdeG ratificou a Varela para continúar na entidade supramunicipal
G24.gal 13/11/2023 18:06

O actual presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias e alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela, continuará á fronte do ente supramunicipal durante catro anos máis. Varela foi ratificado polo PSdeG para continuar á fronte da entidade que agrupa as administracións locais de Galicia e este luns agradeceu “a confianza” dos seus compañeiros para proseguir nesta tarefa.

Deste xeito, Varela volverá ser nomeado como presidente da Fegamp na asemblea desta entidade que se celebrará o próximo 15 de novembro, unha vez que as eleccións municipais xa permitiron constituír todas as corporacións locais e as catro deputacións provinciais.

"Chegou o momento de poñer un punto e á parte en materia de financiamento e competencias xa que hai moito que avanzar porque actualmente os concellos galegos estamos afogados”, dixo Varela.

Deste xeito, anunciou que empregará estes catro anos para esixir á Xunta que aumente a transferencia de recursos en base a criterios obxectivos e reclamar ao Goberno galego que asuma as competencias que lle corresponden e deixe de cargar o peso nos municipios. 

Alberto Varela fixo estas declaracións acompañado polo candidato do PSdeG á Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, que tamén censurou a actitude do Executivo galego cos municipios galegos xa que “non fai nin deixa facer”. Besteiro lamentou a actitude de confrontación “permanente” que a Xunta mantén cos concellos a quen “ataca” sen ofrecerlles a “transparencia” requirida en materia de repartición de fondos, entre outras cuestións.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade