Acoitelan unha muller sen motivo aparente en Barcelona

A vítima, que está grave, saía dun restaurante onde ceara cunhas amigas

Os Mossos buscan o agresor, que lle cravou un obxecto punzante no peito e fuxiu

G24.gal 09/12/2023 19:23 Última actualización 09/12/2023 19:43

Os Mossos d'Esquadra buscan un home que acoitelou unha muller en Barcelona, en principio, sen motivo aparente.

Ocorreu no distrito de Gràcia o xoves a medianoite, cando a vítima saía dun restaurante no que ceara con catro amigas. O individuo achegóuselle, cravoulle un obxecto punzante no peito e fuxiu.

A muller tivo que ser operada e permanece estable dentro da gravidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade