Abren as Aldeas de Nadal de Lalín tras o éxito da anterior edición

Corenta e unha casiñas de conto e unha chea de actividades para a rapazada

G24.gal 01/12/2023 20:22 Última actualización 01/12/2023 20:38

A maxia vai chegando a cada recuncho de Galicia. En Lalín volveron abrir as aldeas de Nadal. Son 41 casiñas de conto onde os nenos e nenas poden entrar e viaxar ata onde a imaxinación os leve.

Algunhas representan con todo detalle lugares propios de calquera vila, desde a igrexa ata a librería. Outras, a vivenda de personaxes propios destas datas, desde a casa dos trasnos, ata a do Apalpador, Papá Noel ou os Reis Magos.

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, foi o encargado de inaugurar esta nova edición das Aldeas de Nadal tras o éxito da anterior. Ademais de percorrer as casiñas, haberá unha chea de actividades para a rapazada. Desde talleres ata espectáculos musicais e un tren turístico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade