Cargando resultados...
A Princesa de Asturias entra na maioría de idade "consciente das miñas responsabilidades"
A Princesa de Asturias entra na maioría de idade "consciente das miñas responsabilidades"
Leonor de Borbón xurará a Constitución o vindeiro martes, coincidindo co seu aniversario
A súa formación seguiu as pegadas da do seu pai, o rei Filipe VI
Antón Montero
28/10/2023 15:30
Última actualización 27/10/2023 20:14
A princesa de Asturias xurará a Constitución o vindeiro martes, o mesmo día en que fai 18 anos. Leonor de Borbón segue así os pasos do rei Filipe, unha constante durante toda a súa formación como futura raíña.
Nos últimos meses, a herdeira da Coroa multiplicou a súa presenza en actos oficiais, preámbulo do novo papel que terá que asumir a partir de agora.