Trinta e un españois e os seus familiares abandonan Gaza polo paso de Rafah

Este grupo vén a sumarse aos tres que abandonaron a Franxa a semana pasada

Un grupo de persoas esperan para sair de Gaza (EFE/ Anas Baba) Un grupo de persoas esperan para sair de Gaza (EFE/ Anas Baba)
G24.gal 20/11/2023 23:30

Outros 31 hispanopalestinos e os seus familiares conseguiron abandonar este luns a Franxa de Gaza a través do paso fronteirizo de Rafah con destino a Exipto, segundo anunciou o ministro de Asuntos Exteriores. Nunha mensaxe en X, antigo Twitter, o ministro José Manuel Albares felicitouse de que conseguisen saír "con éxito" de Gaza.

Este grupo vén sumarse aos tres que abandonaron a Franxa a semana pasada. Dos 143 hispanopalestinos e familiares que cruzaron cara a Exipto, 139 chegaron o xoves á base aérea de Torrexón (Madrid). Neste sentido, o ministro recalcou que o Goberno non vai deixar "a ninguén atrás" e reclamou novamente un cesamento do fogo. "O horror en Gaza debe terminar e garantirse a protección de todos os civís palestinos", defendeu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade