Cargando resultados...
'Un rastro de furia e algas': 'millennials' ante o cambio climático e as ruínas do capitalismo
'Un rastro de furia e algas': 'millennials' ante o cambio climático e as ruínas do capitalismo
As catástrofes nucleares, as illas de plástico ou a subida dos océanos son temas que aparecen nas obras expostas
A mostra está aberta no Salón Artesonado do Colexio de Fonseca de Santiago ata o 27 de xaneiro
Federico López Silvestre e Sergio Meijide comisarios xunto a María Gil da mostra
G24.gal
13/11/2023 15:53
Última actualización 13/11/2023 17:13
Oito artistas participan nesta exposición que leva por título un verso de Alba Cid, poeta da mesma xeración que estes artistas, os chamados 'millennials'. A idea é explorar e ver como afecta nas súas investigacións artísticas a 'ansiedade climática'. No salón do Artesoado do Colexio de Fonseca podemos visitar esta mostra comisariada por María Gil, Federico López Silvestre e Sergio Meijide.