'Terra', unha xoia do cine ucraíno con música en directo, pecha o Festival Musicav

O pianista Brais González e a Orquestra Vigo 430 interpretan a música na proxección do filme

Este xoves 30 de novembro, estrea absoluta en España da nova banda sonora da película de Alexander Dovzhenko

G24.gal 29/11/2023 13:25 Última actualización 29/11/2023 17:30

Musicav, o novo festival de outono en Vigo, pecha mañá cun singular cinema concerto. Proxectarase no Auditorio de Abanca unha das xoias do cine ucraíno, o filme mudo Terra. A música compúxoa Luke Corradine, coñecido creador de bandas sonoras, e interpretarana o pianista Brais González e músicos da orquestra Vigo 430. Unha experiencia cultural que nos retrotrae ás orixes da sétima arte. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar