Cargando resultados...
'Iphixenia', unha peza teatral sobre a violencia social cara á muller embarazada
'Iphixenia', unha peza teatral sobre a violencia social cara á muller embarazada
Iphixenia na porta do súper é un monólogo da actriz Alba Caneda a prol da sanidade pública
Se no mito clásico Iphixenia era sacrificada polo seu pai Agamenón, nesta traxedia contemporánea é a propia protagonista quen decide sacrificarse pola sociedade
É unha adaptación da peza de Gary Owen, mellor teatral británico no 2015
G24.gal
20/11/2023 14:40
Última actualización 20/11/2023 17:03
Cultura que reivindica, que nos incomoda, que nos remove. E o teatro, a palabra falada pode ser un dos mellores xeitos para espir a realidade. Iphixenia na porta do súper é o título dun monólogo en que a actriz Alba Caneda, din algunhas críticas, fai un traballo impoñente. Pero quen mellor para darnos a súa opinión que Iván Fernández, o noso crítico teatral.