Xavi: "Estamos a medio camiño de recuperar un Barcelona grande"

O Barcelona e o Atlético xogan este martes a cuarta xornada da Liga de Campións

G24.gal 06/11/2023 21:12

Este martes hai Liga de Campións. O Barcelona disputa o cuarto partido da fase de grupos ante o Shakhtar ucraíno. O equipo de Xavi Hernández xa se atopa en Hamburgo, onde o cadro de Donestk está a xogar os seus partidos como local nesta temporada polo conflito bélico que azouta o seu país. 

Cunha vitoria, os blaugrana certificarían o seu pase aos oitavos de final. No día en que se cumpren dous anos do anuncio da chegada de Xavi ao Barcelona como adestrador, o técnico catalán asegurou que están a medio camiño de recuperar a grandeza. 

O Atlético de Madrid recibe o Celtic no Metropolitano. Simeone non conta co sancionado De Paul nin cos lesionados Memphis e Lemar. Tras o empate en Glasgow, os madrileños buscan unha vitoria que ilusione a súa afección. O Celtic aínda non gañou ningún partido nesta fase de grupos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar