Desenlace fatídico para o Celta en San Mamés (4-3)
Aspas fallou un penalti para marcar o 3-4 e Berenguer anotou no 98, tamén de penalti, o gol da vitoria local
Partido tolo, de constantes alternativas e con máis de 30 lanzamentos a porta
Minuto a minuto
Imos co partido que abre a 13ª xornada da Primeira División. O Celta quere comezar a afastarse da zona perigosa nun campo moi difícil. En San Mamés o Athlétic só perdeu diante do Real Madrid aínda que voaron de alí 7 puntos en 6 partidos.
Os números do Celta arrepían. Son 8 xornadas sen gañar nas que só acadou 3 puntos. Malia iso as sensacións son mellores que os resultados e, de novo, o colexiado estará ollado con lupa logo das últimas actuacións que padeceron os celestes
Xa temos os XI dos dous equipos!!!!
Os XI de 🏟 San Mamés@AthleticClub 🆚 @RCCelta
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) November 10, 2023
⌚ 21:00
En directo no @GALICIANGOLES 📻 https://t.co/weMGCILSxt
O minuto a minuto en G24, onde teredes o 1º resumo 📲 https://t.co/VIqYGj5mOX pic.twitter.com/5r2NzYAKB0
Partido en xogo!!!
Tentouno Aspas desde o centro do campo. O Celta, moi serio en tarefas defensivas e con posesións longas

Falta clara sobre Mingueza na frontal que non asubía o árbitro
Remate de cabeza de Vesga que chapa Guaita ... E na contra tiro cruzado de Aspas que rexeita Unai Simón. Está con ritmo o partido
Gol anulado a Aspas por un fóra de xogo anterior de Strand Larsen .... E na seguinte xogada Aspas volve rozar o gol. Bo comezo do cadro vigués!!!
Nico Williams centra e remata de cabeza Guruzeta lixeiramente desviado
Tiro desviado de Bamba. O Celta está a xerar moitos achegamentos

0-1 GOOOOOLAZO de Aspas!!!!! Recibiu preto da área e atopou un oco imposible cun tiro desde a frontal
Salva Unai diante de Iñaki Williams. O Athlétic tenta reaccionar

1-1 Centra Nico Williams, Starfelt non despexa (pide falta) e marca, moi oportunista, Sancet
1-2 GOOOOOOOL de Bamba. Cazou un coiro na frontal e axustouno á base do pau
Remata Iñaki Williams ás mans de Guaita
2-2 Nico vaise pola esquerda e Guruzeta remata á rede na última xogada do primeiro tempo
Descanso nun primeiro tempo de tolos. 16 tiros a porta (8 de cada equipo). Aspas volveu a marcar e deixou a seca en 1654 minutos

Imos coa segunda parte
Salvouse o Celta. Centrou De Marcos e Nico Williams rematou alto na área pequena
3-2 Repite Gorka Guruzeta. Tiro cruzado de Nico Williams, saca Guaita pero chega Guruzeta e marca a pracer
Cacholada alta de Mingueza. Para colmo levou un golpe na faciana
Clara de Sancet despois da enésima xogada de Nico Williams
Gol anulado a Strand Larsen por fóra de xogo. Era por milímetros
3-3 GOOOOOOOL de Strand Larsen que remata unha gran xogada de Iago Aspas
Penalti a prol do Celta por man de Guruzeta. O VAR revisou a xogada e Aspas terá a opción de marcar o cuarto
Fallou Aspas o penalti, paradón de Unai Simón

Bamba cede a Aspas pero o seu remate marcha rozando o pau
Entramos no engadido. Cos trocos baixou un pouco o ritmo dun trepidante partido
Que paradón de Guaita!!! Acaba de salvar o cuarto dos bilbaínos
Caída de De Marcos na área. Unai Núñez xogouse o penalti
4-3 Penalti por mans de Mingueza!!! Transforma Berenguer o gol do triunfo local
Rematou o partido en San Mamés. Tivo Aspas o penalti para gañalo e acabou perdendo cun penalti no último minuto do engadido