Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fredi quere a Bajcetic nun Celta Fortuna que recibe o Andorra no novo céspede de Balaídos

Fredi quere a Bajcetic nun Celta Fortuna que recibe o Andorra no novo céspede de Balaídos

O adestrador precisa un mediocentro con urxencia

Bajcetic xa pasou polas categorias inferiores celestes

A intención é pechalo esta semana 

G24.gal 23/08/2026 14:38 Última actualización 24/08/2026 17:34

O Celta Fortuna precisa un mediocentro e o adestrador, Fredi Álvarez, confirmou este domingo que lle gustaría contar con Stefan Bajcetic, aquel rapaz que hai anos brillaba nos campos da Madroa e que acabou por marchar ao Liverpool. En Inglaterra chegou a xogar co primeiro equipo e mesmo a dar que falar, mais un feixe de lesións e malas decisións acabaron por frear a súa carreira. Agora o Celta o quere de volta, para o seu filial.

O técnico confirmou a nova na previa da estrea do Celta Fortuna en Segunda na casa. Fredi dixo que estaban moi ilusionados e que lles aseguraran que o novo céspede estaría ben. Con respecto ao rival, o técnico apuntou a dificultade, o estilo Barça que manexa o Andorra e confesou que eles aínda van necesitar tempo para afacerse á categoría.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade