Artes plásticas

'O fardel de guerra', de Conde Corbal, retrato dunha Galicia esmagada

17/12/2024 15:10

'O fardel da guerra' exponse na Casa Museo Casares Quiroga, un dos personaxes retratados nos gravados de Conde Corbal, canda Franco, Líster, Millán Astray ou Castelao 

Son 88 pezas que retratan unha Galicia golpeada pola guerra cunha mirada valleinclanesca    

Etiquetas:  ZIGZAG

Manuel Patinha: "En Galicia facer arte é moi doado, pódese combinar insistencia e creatividade"

16/12/2024 15:51

A retrospectiva descobre ao público algunhas das obras máis descoñecidas do artista portugués Manuel Patinha

Cinco salas acollen unha selección de traballos de pintura, escultura, gravado, fotografía e poesía baixo o nome 'Desassosegos 1970-2024' no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol
 

Etiquetas:  ZIGZAG

Blas González: "A perda da paisaxe implica tamén a perda da identidade e da memoria"

11/12/2024 15:56

Blas González amosa o imaxinario e a realidade da Limia en 'Cadernos da Limia: Paisaxe, identidade e memoria'

Blas Gonzalez parte da experiencia da súa nai que marcha a Venezuela coa lagoa fixada na retina e na memoria e cando volve atopa unha desfeita

A exposición na sala Apo'strophe de Vigo ven acompañada de recitais poéticos e conferencias que se estenden ata o mes de xaneiro


Antonio Guerra: "Cos movementos de terra da minería afloran capas xeolóxicas e tamén sociais e históricas"

09/12/2024 14:25

As contornas mineiras en proceso de recuperación son os espazos que nutren a obra do zamorano Antonio Guerra

'Dobre tempo' é un proxecto que busca conexións entre os procesos de transformación antropoxénica e os de produción de imaxes

Mostra aberta ata o 7 de febreiro na galería Marisa Miramón de Ourense

Etiquetas:  ZIGZAG

Germán Labrador: "O esperpento fai parodia dunha realidade que é insoportable"

05/12/2024 14:54

'Esperpento, arte popular e revolución estética', no Museo Raíña Sofía, conta con Germán Labrador como un dos comisarios

Hai pezas de Conde-Corbal, Granell, Castelao ou Laxeiro 

Entre as actividades paralelas, teatro con ButacaZero e 'Lagartijas tiradas al sol' ou cine con Alberto Gracia

Etiquetas:  ZIGZAG

Silvia García: "Quería traballar cos rastros materiais dos que xa non están"

04/12/2024 14:47

Vellas fotografías, palabras escritas, recortes de prensa e imaxes antigas falan de memoria e aprendizaxe

A mostra complétase cun vídeo que recolle o seu traballo nunha vella casa labrega

'Aprender do lugar (de todo queda algo)'. Silvia García na galería Patio de Luz en Santiago 

Etiquetas:  ZIGZAG

Alberto Baraya: "O movemento das velas de navegación é tamén material pintable"

02/12/2024 14:37

O Museo de Pontevedra convida a artistas contemporáneos para que 'dialoguen' cos fondos da súas coleccións no ciclo Infiltracións

Baraya pintou, mentres navegaba, sobre unha vela en deshuso cedida pola Escola Naval de Marín 

'Vento'. Alberto Baraya. Ata o 2 de marzo no Museo de Pontevedra 
 


Retrospectiva do artista Manuel Patinha no Centro Torrente Ballester de Ferrol

29/11/2024 21:52

A escultura é a disciplina en que triunfou ao longo de máis de medio século de traxectoria. Mais nesta mostra poden verse todos os Manuel Patinha: desde o pintor de cadros de gran formato, de gravados, ao debuxante, o fotógrafo ou o poeta


Susanne Themlitz: "Medimos o espazo, a nós mesmos e facémonos parte da paisaxe"

29/11/2024 14:44

A linguaxe das cousas mudas, de Susanne Themlitz, no MARCO de Vigo

A artista portuguesa mostra unha nova paisaxe formulada con obxectos creados, atopados, transformados, nunha caste de gabinete de curiosidades

A sutilidade do debuxo convive coa explosión da cor, o bosquexo e a mancha 
 

Etiquetas:  ZIGZAG

Lúa Gándara: "A xente pregunta que se vende aquí, pero nós só queremos que gocen"

27/11/2024 14:43

Bichos facendo fotos: pinturas de Lúa Gándara en Espazo peculiar, no mercado de Perillo

A mostra está comisariada por Pilar Romero, que quere achegar a arte a unha contorna cotiá
 

Etiquetas:  ZIGZAG
Publicidade
Publicidade