Publicador de contidos

Zurbriggen e Muñoz analizan a derrota do Obradoiro ante o Barcelona

Zurbriggen e Muñoz analizan a derrota do Obradoiro ante o Barcelona

Os xogadores do conxunto santiagués explican en zona mixta  o partido do Multiusos Fontes do Sar

G24.gal 07/11/2021 15:56

 O base arxentino Fernando Zurbriggen atendeu aos medios de comunicación tralo partido que enfrontou ao Obradoiro e o Barcelona, con vitoria catalana por catorce puntos de diferencia.

"A xerarquía prevaleceu e nos momentos chave o seu acerto foi determinante. No único parcial no que estivemos cómodos foi no segundo cuarto e aí fomos competitivos. o plan defensivo do Barcelona ten mérito. Tardamos en ler o noso plantexamento. Tivemos moi baixa porcentaxe de tiro de tres. Hai que ser autocrítico. Os nosos rivais son os dous seguintes"

Tamén falou Álvaro Muñoz, un dos oito integrantes do plantel santiagués que están a disposición de Moncho Fernández.

"Creo que competimos ben. A diferencia, debido á falta de acerto é mais grande. Hoxe non estivemos acertados e iso nótase. Contra un equipo coma este se non fas un partido perfecto, acabas pagándoo"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos