Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ucraína acusa a Rusia de matar oito civís nun ataque con mísiles en Odesa

Ucraína acusa a Rusia de matar oito civís nun ataque con mísiles en Odesa

Rusia asegura que destruíron na cidade un arsenal de armas estranxeiras

Fracasa un novo intento de evacuar civís na cidade asediada de Mariupol

G24.gal 23/04/2022 20:58

O presidente de Ucraína, Volodimir Zelensky, insta o líder ruso a poñer fin á guerra e afirma estar disposto a reunirse con el se iso acaba co conflito. Os combates continuaron este sábado a pesar de que se celebraba a festa ortodoxa de Pascua, e volveu fracasar un novo intento por evacuar os civís na asedidada Mariupol.

Os bombeiros loitan contra as lapas en Khárkiv. "Non nos dan paz nin tranquilidade, golpean ata en días festivos", conta un residente.

En Odesa, un ataque con mísiles causou oito civís mortos e 18 feridos. Segundo o exército ucraíno, foron dous mísiles que estragaron unha instalación militar e dous edificios residenciais desta cidade, que non rexistra ataques masivos pero si aleatorios a calquera hora do día ou da noite. 

Moscova asegura nun parte militar que destruíron nesta cidade portuaria un arsenal de armas estranxeiras, "entregadas polos Estados Unidos e países europeos".

Ofensiva no leste

Rusia intensifica a ofensiva no leste para buscar o control do Donbás e construír así un corredor terrestre coa anexionada península de Crimea. Con todo, rusos e ucraínos advirten de que a gran batalla final polo territorio está aínda por chegar.

Continúan tamén os combates en Mariupol. As dúas partes acúsanse mutuamente de frustrar a apertura dun corredor para evacuar os civís que aínda quedan na cidade, uns 100.000, segundo o alcalde.

As autoridades ucraínas cren que unhas 10.000 persoas poderían estar soterradas en foxas comúns nas aforas da cidade.

Busca de familiares

Mentres, no depósito de Bucha, os familiares dos asasinados e enterrados en foxas comúns axúdanse a buscar os corpos dos seus.

Unha asesora da alcaldía conta que entende ben polo que están pasando porque ela perdeu o seu home en 2014, na invasión de Crimea, e foi moi importante para ela recuperar o corpo e poder enterralo.

Nadia atopou o cadáver da súa filla. Conta que foi buscar auga con outra muller, houbo un bombardeo, di, e un proxectil matouna.

Chamamento de Zelensky

Nunha rolda de prensa celebrada a última hora deste sábado, o presidente Zelensky volveu facer un chamamento ao líder ruso para que poña fin á guerra e mostrouse disposto a reunirse con el. De momento, xúntase este domingo cos secretarios de Estado e de Defensa dos Estados Unidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade