Publicador de contidos

Publicador de contidos

Zakaria "o percebeiro", pesca un gol cada 89 minutos

Zakaria "o percebeiro", pesca un gol cada 89 minutos

Colidera o capítulo de máximos goleadores con Villalibre, Jeremy Arévalo e Agus Medina

G24.gal 11/11/2025 15:00 Última actualización 11/11/2025 15:08

Non é o dianteiro máis elegante. Nin o máis fino. Nin o máis efectista. Pero si o máis efectivo. Titular en apenas sete partidos de trece, xogou pouco máis da metade dos minutos. E así e todo, Zakaria, apodado "o percebeiro" segue a pescar balóns e a botalos na rede.

Colidera, canda Villalibre, Jeremy Arévalo e Agus Medina, a listaxe de máximos goleadores de Segunda con sete dianas. Caso rechamante. A súa media abraia: un gol cada 89 minutos de xogo.

Aos seus sete tantos, Zakaria engade tres asistencias de gol. O ariete, chegado en xaneiro, estableceu ademais un vencello emocional moi particular coa bancada.

"É un sentimento natural, desde que cheguei tiven unha boa conexión coa afección".

Riazor é feliz con cada gol de Zakaria. E Zakaria cada vez que pon en pé Riazor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade