Díaz pide serenidade aos deputados de Sumar, mentres Podemos reclama cota de poder
A líder da confluencia di que o debate sobre os cargos non está aberto
Podemos segue loitando por unha cota de poder dentro de Sumar. Pero a líder da confluencia, Yolanda Díaz, asegura que o debate dos cargos aínda non está aberto. Podemos non se resigna a perder peso dentro de Sumar. E vaino reclamar o día dezaseis na rúa, en Lavapiés, onde empezou todo. Pretenden manter cota de poder. E iso pasa, entenden, pola continuidade de Irene Montero no Goberno.
Pero en Sumar marcan os seus propios tempos. E o debate dos cargos aínda non está aberto. E así, sen a presenza de Ione Belarra, quen tiña un acto en Asturias, Yolanda Díaz dirixíase ao grupo parlamentario marcando obxectivo. Pediulles ter un debate sereno e tranquilo.
Mensaxe interna que evita seguir o exvoceiro de Unidas Podemos Pablo Echenique. Nun chío, Echenique critica a Marta Lois, a nova voceira, por non apoiar a Irene Montero tras a rebaixa da pena no caso de La Manada.