Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yeremay aparece na prórroga para darlle o pase ao Deportivo

Yeremay aparece na prórroga para darlle o pase ao Deportivo

O equipo coruñés derrota o UCAM por 3-4 logo de que se chegara con empate 2-2 ao final dos noventa minutos

O xogador canario marcou un golazo e deu unha asistencia a Quiles para sentenciar a eliminatoria

G24.gal 01/12/2021 23:09

O Deportivo superou a eliminatoria diante do UCAM na prórroga despois dun partido moi entretido (3-4). A achega do canario do Fabril Yeremay foi determinante no tempo suplementario cun golazo e unha asistencia a Quiles que puxo o 2-4. 

No primeiro tempo o dominio correspondeu ao Deportivo e traduciuno en goles aos 39 minutos cando De Camargo poñía o 0-1. Pouco durou a alegría porque un minuto máis tarde empataba o UCAM. 

O equipo murciano púxose por diante no marcador mediado o segundo tempo. Aí foi cando apareceu o acerto de Quiles, que empatou (2-2) e mandou o partido á prórroga. Ese foi o intre no que apareceu o xenio canario Yeremay Hernández como o artífice da clasificación do Deportivo para a seguinte rolda da Copa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar