Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xunta e Deputación de Lugo cualifican de "construtivo" o primeiro contacto logo da marcha de Tomé

Xunta e Deputación de Lugo cualifican de "construtivo" o primeiro contacto logo da marcha de Tomé

A nova presidenta provincial, Carmela López, presentoulles a Alfonso Rueda e Diego Calvo un decálogo de peticións: "Saio con sensación moi positiva"

Calvo valorou esta reunión para abrir "vías de colaboración", e ratificou que a final de ano comezará a ampliación do Hospital da Mariña e no verán a última fase da autovía entre Nadela e Sarria

G24.gal 25/03/2026 20:52

Primeira xuntanza da presidenta da deputación de Lugo, Carmela López, coa Xunta de Galicia trala marcha de José Tomé. Foi unha primeira toma de contacto que as dúas administracións cualificaron de fructifera e constructiva.

O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, valorou esta reunión para abrir "vías de colaboración". Así, ratificou que a final de ano comezará a ampliación do Hospital da Mariña e no verán empezará a última fase da autovía entre Nadela e Sarria.

Igualmente, Calvo expresou a intención da Xunta de estudar diferentes peticións, talles como que algúns tramos de estradas provinciais pasen a titularidade autonómica, unha asunción das unidades de atención temperá ou que os ciclos de audiovisuais que imparte a Deputación pasen a integrarse no sistema público de FP.

Destacou tamén a promoción de vivendas desde o Executivo autonómico en Lugo e Ribadeo, incidiu na mellora do transporte público, coa creación dunha nova liña de autobús entre Ferrol e Lugo, e remarcou a súa preocupación polo desenvolvemento industrial da provincia, toda vez, dixo, que o Goberno central negoulles unha conexión que "hipoteca calquera proxecto" futuro.

 

Carmela López traladoulle a Alfonso Rueda un decálogo de asuntos entre os que destacan a reforma da lei de administración local, a educación, a sanidade, a vivenda, a industria as estradas e o transporte na provincia lucense. "Saio con sensación moi positiva", dixo.

Deste xeito, abordáronse temas como o incremento do financiamento para os servizos de axuda no fogar, as discrepancias no modelo de residencias promovido por cada administración ou o traspaso, a valorar pola Xunta, das unidades de atención temperá seguindo o exemplo das recentemente asumidas para atender a persoas drogodependentes.

Tamén departiron sobre a transferencia de viais provinciais e autonómicos e, en materia de grandes infraestruturas, a conversación orbitou ao redor da rolda leste de Lugo, a vía de altas capacidades de Viveiro e a autovía Nadela-Monforte de Lemos.

Xunta e Deputación acordaron volver a reunirse nas próximas semanas para estudar as alegacións presentadas pola Administración lucense ao anteproxecto de lei de administración local do Goberno galego, que López criticou por incrementar as obrigacións da Deputación sen achegar máis financiamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade