Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xulgan por maltrato animal o home acusado de violar unha vaca en Castro de Rei

Xulgan por maltrato animal o home acusado de violar unha vaca en Castro de Rei

O gandeiro que presentou a denuncia lamenta que non se citase a declarar os axentes da Garda Civil ante os que recoñeceu os feitos

A defensa pediu a libre absolución por falta de probas

A Fiscalía sostén que hai indicios suficientes para vinculalo cun delito leve de maltrato animal

A vista celebrouse sen a presenza do acusado
G24.gal 10/11/2025 13:54

Os feitos tiveron lugar na madrugada do 29 de xuño na explotación que Marcos Salgado ten na aldea de Triabá, en Castro de Rei. Foi a súa nai a que se decatou de que algo pasaba na corte polo ruído que facían as vacas. Cando se asomou viu un home detrás dunha delas, atada polo pescozo e o rabo, e subido a un banco. Así o relatou na vista oral que se celebrou no xulgado de instrución número un de Lugo e que ratificou o propio gandeiro denunciante, quen ademais dixo que o acusado lle recoñecera que sometera o animal a unha práctica sexual.

"Sabía que cando mo dixo a min na casa non valía para nada", dixo o denunciante

Trala celebración do xuízo non ocultaba o seu descontento: "Non estou satisfeito, porque me parece unha tomadura de pelo, ao ser a miña palabra contra a del, ao non haber unha cámara que o ratifique, que non se cite o garda civil ante o que recoñeceu os feitos. Había tres gardas civís cando dixo a verdade. Sabía que cando mo dixo a min na casa non valía para nada.

"Animeime a presentar porque sabía que esta persoa ía seguir andando polas festas e tratando con nenos pequenos". 

O acusado estaba de paso na zona porque traballa nunha das atraccións das festas de San Pedro, que se celebraban preto da granxa. O denunciante identificouno no propio campo da festa. Hoxe non se presentou ao xuízo.

"O meu cliente non cometeu os feitos", di a letrada da defensa. 

A súa letrada, María Núñez Torrón, pediu a nulidade do recoñecemento dos feitos por non ser citado ao xuízo o axente da Garda Civil como testemuña, e solicitou a súa absolución.

"A defensa mantén que non quedan acreditados os feitos, que o meu cliente non cometeu eses feitos; e para o hipotético caso de que si os cometese, tal e como está regulado ese delito no Código Penal, non sería constitutivo de delito, tal e como está tipificado".

Para o ministerio fiscal, os feitos quedaron acreditados

Para o ministerio público, os feitos están acreditados coas declaracións do denunciante e a testemuña e sostén que hai indicios suficientes para condenar o acusado por un delito leve de maltrato animal, para o que solicita unha multa de 360 euros (dous meses de multa a razón de seis euros por día) ou traballos en beneficio da comunidade, así como ao pago das costas. O denunciante non pediu indemnización.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade