Detido o mozo de 25 aos que agrediu tres mulleres cun coitelo no metro de París
A policía arrestouno no seu domicilio de Sarcelles tras identificalo polas cámaras e pola xeolocalización do móbil
A policía francesa detivo o home que feriu tres mulleres cun coitelo nun tren da liña 3 do metro de París e despois fuxiu do lugar.
Os feitos ocorreron na tarde deste venres.
Os axentes puxeron en marcha un operativo de procura e arrestárono finalmente no seu domicilio de Sarcelles, ao norte da capital francesa.
A Fiscalía de París informou de que os investigadores identificaron o home grazas ás imaxes das cámaras de videovixilancia e á activación da xeolocalización do seu teléfono móbil.
Investigación por tentativa de homicidio
A investigación corre a cargo dos servizos de seguridade rexional dos transportes.
As dilixencias céntranse en delitos de tentativa de homicidio voluntario e violencia voluntaria con arma.
Os investigadores manexan como principal hipótese que o agresor, de 25 anos, padeza un trastorno psiquiátrico.
Engadiu que xa figuraba nos rexistros policiais por diversos antecedentes, entre eles delitos contra a propiedade.