Cargando resultados...
Xa comezou o 8Pés en Vigo, e nós falamos co seu director
VI Festival de órgano 8 Pés, ata o 21 de novembro, Concatedral de Santa María, Vigo
O 8 Pés naceu co obxectivo de poñer en valor o único órgano en funcionamento da cidade de Vigo: o Alberdi de 1909
Nesta edición participan artistas de Galicia, España, Portugal, Francia, o Reino Unido e Italia
G24.gal
17/11/2026 10:00
Imos agora a Vigo, porque na cidade celébrase a sexta edición do festival de órgano, 8 Pés. Sete concertos que xa arrancaron onte no Museo do Mar de Galicia.
Alejandra Escolante abría o festival con este concerto e en menos de media hora comeza o segundo, na concatedral de Santa María. Hoxe co artista Daniel Oliveira. Pero o programa prolóngase ata o sábado 21 e, como queremos saber máis convidamos o director do festival, Manuel Martínez.