Publicador de contidos

Publicador de contidos

Williot Swedberg sofre unha escordadura de nocello

Williot Swedberg sofre unha escordadura de nocello

Está practicamente descartado para o partido do próximo domingo contra a Real Sociedade

Giráldez recupera a Borja Iglesias e o sueco Carl Starfelt 

G24.gal 16/10/2025 15:09 Última actualización 16/10/2025 15:18

As probas que lle realizaron os servizos médicos do Celta ao extremo Williot Swedberg á súa chegada dá Vigo revelaron que o xogador sueco sofre unha escordadura no nocello esquerdo. O futbolista lesionouse durante o partido que enfrontou á selección sub-21 do seu país contra Polonia, ao sentir unhas molestias no minuto 22 que lle obrigaron a pedir o cambio.

Swedberg está practicamente descartado para o partido do próximo domingo contra a Real Sociedade, xa que esta mañá non traballou co grupo na cidade deportiva.

Mentres, o dianteiro Borja Iglesias e o central sueco Carl Starfelt reincorporáronse este xoves aos adestramentos, polo que o técnico Claudio Giráldez xa recuperou a todos os internacionais que viaxaran coas súas respectivas seleccións.

O equipo celeste continuou esta mañá preparando o encontro do próximo domingo contra a Real Sociedade cunha sesión na que o canteirán Ángel Arcos volveu traballar co primeiro equipo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade