Publicador de contidos
Publicador de contidos

Volve o Domingo Fareleiro ao Entroido de Xinzo de Limia

Volve o Domingo Fareleiro ao Entroido de Xinzo de Limia

Tras un ano de pandemia, a vila limiá recupera o seu ciclo do Entroido, o máis longo da Península 

A veciñanza encheu de novo a Praza Maior de fariña e farelos, como manda a tradición

Noutras vilas como Laza, Verín e Maceda comezaron saír os Peliqueiros, os Cigarróns e os Felos

O Domingo Fareleiro volveu a encher de fariña a praza Maior de Xinzo de Limia
G24.gal 06/02/2022 20:51

Con menos intensidade que antes da pandemia pero coas mesmas ganas e sentimento, este domingo comezou o Entroido co ciclo máis longo da Península. Co Domingo Fareleiro, a vila de Xinzo de Limia arranca a súa festa máis agardada. 

Volveu o entroido á Praza Maior de Xinzo, no Domingo Fareleiro. Un ano despois volve tamén a alegría e a retranca. Había moitas ganas de botar fóra ese sentimento.

"Acá nesta vila o Entroido é un sentimento".

"Un ano máis e morremos sen isto, porque é moi noso". 

"A nós encántanos e tiñamos moitas ganas de que xa empezase o Entroido". 

"Despois de tanto tempo, nós que somos entroideiras, isto xa era un fervello, estamos moi emocionadas, hoxe é un día moi grande para nós". 

Un día grande do que puido gozar a veciñanza con distancia e máscaras. Purificándose coa fariña e os farelos. Así comezan en Xinzo o seu ciclo do Entroido, unha festa declarada de Interese Turístico Internacional. 

Estes días tamén comezaron co Entroido noutras vilas e localidades da provincia de Ourense. Saíron xa os Peliqueiros e os folións en Laza, os Cigarróns en Verín, e os Felos de Maceda. Este ano vai haber Entroido, non será coma sempre, pero é o que todo o mundo estaba agardando.  

En Xinzo o vindeiro domingo será o Domingo Oleiro, non hai actos oficiais organizados polo Concello nin a Comisión do Entroido, pero a veciñanza sairá á rúa a cumprir coa tradición. 

Despois dun ano a veciñanza tiña moitas ganas da súa festa máis agardada Despois dun ano a veciñanza tiña moitas ganas da súa festa máis agardada
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos