Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo perde en Badaxoz na derradeira xogada do partido (1-0)

O Deportivo perde en Badaxoz na derradeira xogada do partido (1-0)

O equipo coruñés non lles dá metido presión aos rivais polo ascenso logo desta derrota

Mario Soriano foi expulsado con vermello directo no 65

G24.gal 06/12/2022 21:33 Última actualización 06/12/2022 21:54

O Deportivo perdeu unha boa oportunidade para meter presión aos rivais da zona alta. Nun partido moi discreto perdeu no Nuevo Vivero de Badaxoz ante un equipo que pelexa por evitar o descenso (1-0). Un gol de Francis Ferrón no minuto 95 decidiu. 

Faltoulle profundidade e pegada a un Dépor que levou a iniciativa no primeiro tempo. Dispuxo dun par de ocasións con lanzamentos desde fóra da área pero sen dar a sensación de verdadeiro perigo. 

Na segunda parte, Óscar Cano buscou o revulsivo a través dos trocos coa entrada de Yeremay, Gorka ou Trilli. O que chegou foi a expulsión de Mario Soriano no minuto 65, e a partir dese momento remataron os achegamentos do equipo galego. 

No Badaxoz apareceu con moito perigo Adilson e xerou a mellor ocasión do partido, cun remate que se espetou no pau da porta de Mackay. O Deportivo foi recuando ata acabar metido na súa área. Na derradeira xogada do partido, un gol de Francis Ferrón puxo o definitivo 1-0. É unha derrota que fai moito dano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade