Cargando resultados...
Vigo achégase aos 5.000 casos activos e suma case 500 novos contaxios
Nos hospitais son 101 os ingresados por covid, 22 dos enfermos nas UCI

G24.gal
19/12/2021 16:08
No punto móbil do club Náutico as longas ringleiras de xente xa son unha constante. Con cita previa ou de maneira voluntaria, por aquí pasan unhas mil persoas diarias.
A área sanitaria de Vigo segue empeorando as súas cifras. Achégase aos 5.000 casos activos e só nas últimas 24 horas sumou 482 novos positivos.
Nos hospitais hai cinco novos ingresados respecto a onte, é dicir, 79. E na UCI suman un novo paciente e chegan a un total de 22.